“O Feirón”, a feira máis importante do ano no Carballiño, adíántase ao sábado 30 de decembro, víspera de Fin de Ano, por caer o día 31, que é cando lle correspondía, en domingo.
Trátase dunha xornada de gran tradición na vila carballiñesa, que recibiu o alcume de “O Feirón” pola gran afluencia de xente da comarca para realizar compras e comer o pulpo nos case medio cento de locais hostaleiros e postos de pulpeiras e pulpeiros repartidos polo casco urbán que ofrecen como menú principal o pulpo á feira e a carne ao caldeiro.