• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

O GRUPO DE TEATRO DAR TRELA ESTREA O VENRES A PRODUCIÓN ESCÉNICA “CAS ROHELIA”, QUE SE DESENVOLVE NO INTERIOR DUNHA CASA PRETO DA PONTE DE TOSCAÑA

1 julio, 2019

O GRUPO DE TEATRO DAR TRELA ESTREA O VENRES A PRODUCIÓN ESCÉNICA “CAS ROHELIA”, QUE SE DESENVOLVE NO INTERIOR DUNHA CASA PRETO DA PONTE DE TOSCAÑA

Unha casa ao pé da ponte de Toscaña será o marco no que se desenvolva a primeira produción escénica do novo grupo de teatro DAR TRELA, que se estrenará o próximo venres, 5 de xuño, cun aforo limitado de vinte persoas, e para o que é preciso realizar a correspondente reserva.

Esta experiencia teatral, insólita e pioneira na provincia de Ourense e Galicia, foi presentada este mediodía por tres integrantes do grupo, Clara Vázquez, Darío Rodríguez e Xavier Nóvoa, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

CAS ROHELIA non é unha obra de teatro ao uso, senón diversas formas de expresión (poesía conceptual, monicreques, teatro do absurdo, monólogos, microrelatos e teatro negro) que se suceden en diversos lugares dunha casa: afora, na cociña, no corredor, no salón e no fallado. E como remate, un coloquio entre os espectadores e os intérpretes.

Clara Vázquez explicou o contido do espectáculo: Os espectadores chegan á casa, que se atopa na baixada a Toscaña fronte á ponte. Non ten perda porque ten unha finca de millo. Afora da casa haberá unha sesión inicial cos convidados de poesía conceptual e monicreques. Xa no interior, na cociña, haberá unha mostra de teatro do absurdo. No corredor, un monólogo interior. No salón, microrelatos con temática de realismo social. E no fallado, unha mostra de teatro negro no que a temática será o medio ambiente. Finalmente, ao salir, haberá un coloquio entre actores e convidados.

É unha produción que se dirixe directamente ao mundo das emocións, dixo Clara Vázquez. Non é comedia, senón unha nova experiencia, ou, como dixo Darío Rodríguez, unha nova forma de expresión e de interacción entre o espectador e os actores.
Doce actores e actrices interpretan os diferentes roles desta proposta teatral que non deixará a ninguén indiferente.

O comezo do espectáculo está previsto para as 22,30 h., e terá unha duración aproximada de 1 h 30 mn., contando os desprazamentos polos diversos escenarios da vivenda.

Ademáis da sesión inaugural o venres, 5 de xullo, haberá sesións o sábado e o domingo, 6 e 7 de xullo, á mesma hora.

O prezo da entrada é de 7 euros, e non se poderá adquirir en taquilla, senón de xeito anticipado a través de whatsapp ou chamando aos teléfonos: 645167278 ou 600829089.

Diego Fernández agradeceu o esforzo que realiza este grupo, que é novo pero que conta cunha gran experiencia teatral, por crear algo diferente e novidoso, e desexoulles moito éxito e parabéns.

Xavier Nóvoa agradeceu a Xesús Carballiño (Chechu) a composición da música do espectáculo, que é orixinal; A Chus Otero a elaboración do cartel e ao concello do Carballiño por ceder o auditorio para os ensaios. Finalmente, animou a vivir esta experiencia completamente diferente a calquera produción teatral convencional.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos