Dentro do programa da Rede de Teatros e Auditorios de Galicia, no que se atopa o Concello do Carballiño, o grupo De Vacas ofrecerá un concerto o sábado 23 de novembro, ás 21,00 h., no auditorio municipal Manuel María.
Será un concerto de versións á galega dun amplio abano de estilos e músicas, interpretados con humor e ironía, que caracterizan as actuacións de De Vacas.
Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a agua dos regueiros. Disfrutan enriba do escenario para que vós disfrutedes. Mezcla de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos.
Cantan en todos os idiomas do mundo, pero aman aos nosos poetas por riba de todo, como Enrique Iglesias. Rescatan estribillos olvidados, tarareos que foron populares nas voces de Cristina da Aguieira ou Mónica da Laranxeira.
Levan dous anos recorrendo toda a xeografía galega con casi 200 actuacións e o clímax o alcanzaron co videoclip Amodiño, que ten miles de reproduccións e se está convertindo nun himno de masas. Pecharon o telediario de Tele 5 con el, e ata Paula Vázquez traduciu a súa do galego ao castelán na Cadena Ser, para que todo o mundo puidese entendela.
As entradas vendranse na taquilla do auditorio o mesmo día da actuación ao prezo de 5 euros.