• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

O GRUPO TIRULEQUE ENTREGARÁ ESTE DOMINGO OS PREMIOS DA XI MOSTRA DE TEATRO AMADOR NUNHA GALA BENÉFICA A PROL DA CRUZ VERMELLA

1 febrero, 2019

O GRUPO TIRULEQUE ENTREGARÁ ESTE DOMINGO OS PREMIOS DA XI MOSTRA DE TEATRO AMADOR NUNHA GALA BENÉFICA A PROL DA CRUZ VERMELLA

A entrega dos premios da XI Mostra de Teatro Amador “Terras de Orcellón”, que se desenvolveu o pasado outono, terá lugar este domingo, 3 de febreiro, ás 20,00 h., no auditorio municipal Manuel María, no transcurso dunha gala benéfica a prol da Cruz Vermella.

Nesta gala, cuxas entradas tanto ordinarias como de Fila 0 terán un prezo de 3 euros, tamén fará unha breve actuación o Coro de Cámara Musica Viva, e o propio grupo de teatro Tiruleque representará a comedia “Pasou un anxo”.

O evento foi presentado este mediodía nun acto ao que asistiron o concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o deputado provincial e responsable da área de Cultura da Deputación, Manuel Doval; o presidente da asamblea da Cruz Vermella do Carballiño, Modesto Ojea; e os representantes do grupo Tiruleque e do Coro de Cámara Música Viva, Lidia Almonte e Antonio Rey, respectivamente, entre outros asistentes.

Diego Fernández resaltou o carácter solidario desta gala, que é antes que nada un xeito de contribuir ao importante labor que realiza o voluntariado da Cruz Vermella, pero tamén a súa vertente cultural, polo traballo que desenvolve o grupo de teatro Tiruleque, así como o Coro de Cámara Música Viva.

Manuel Doval amosou a súa satisfacción por acudir unha vez máis ao Carballiño e por facelo para apoiar un evento solidario vencellado cunha actividade cultural, no que colaboraban a Deputación Provincial e o Concello do Carballiño. Ao respecto dixo que a cooperación é imprescindible entre administracións, e que Deputacion e concellos van sempre da mau. Destacou a faceta cultural da gala e o feito de que a recaudación se destine a unha institución tan necesaria como a Cruz Vermella.Tamén loubou o significado do labor teatral no Carballiño, así como da música coral.
Lidia Almonte, en representación de Tiruleque, agradeceu a colaboración da Deputación e do Concello, e resaltou a participación do coro Música Viva, así como a representación polo seu grupo da divertida comedia “Pasou un anxo”.

Finalmente, Modesto Ojea expresou o seu agradecemento ao grupo Tiruleque pola organización da gala, e sobre todo por destinar a recaudación á Cruz Vermella, e fixo un chamamento para solicitar voluntarios, xa que fanlle moita falta á institución, segundo dixo.

ENTRADAS
As entradas para a gala venderanse ao prezo de 3 euros, e tamén haberá entradas de Fila 0 co mesmo custo. Estas entradas están á venda nos seguinrtes locais hostaleiros e comerciais: A Fuchela, Café La Parada, Floristería Carmiña, Don Paco, Estate Quieto, Peñasco, Librería Escolma, Ernesto Patio Bar, O Caserío, Copacabana e Eurofoto, así como na propia sede da Cruz Vermella.

PROGRAMA
Actuación de 15 minutos do Coro de Cámara Música Viva, dirixido por Valentina Dolisnea Ivasechko, que interpretará os seguintes temas: Ojos brujos (Gonzalo Roig), Rosa de Abril (Andrés Gaos), Can´t help falling in love (G.Weis, Hugo Peretti e Luigi Creatore) e Ao pasar por Camariñas (Xulio Domínguez).

PREMIOS
Entrega dos premios da XI mostra de Teatro amador a Teatro Muxicas da ONCE – Ourense: Premio do Público á Mellor Obra, e Premio Tiruleque ao Mellor Grupo de Teatro.

COMEDIA
Finalmente, actuación de Tiruleque coa comedia “Pasou un anxo”, de Herik Svindel (Sergio Macías).

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos