A actuación terá lugar ás 20,00 h., deste domingo, 14 de xullo, antes do espectáculo do grupo TATTOO, que será ás 21,00 h., tamén na Praza Maior.
Thevagar Septeto é un grupo que naceu no ano 2015 na Escola Municipal de Música de Vigo. O seu repertorio está baseado principalmente no Jazz tradicional de principios do século XX e no Swing dos anos posteriores, música moi bailable para os afeccionados ao Lindy Hop. O grupo ten participado en actuacións de rúa e tamén en diferentes locais da cidade de Vigo.
A banda está formada por Raquel de Ana (voz), Rubén Pérez (guitarra), José Zapata (contrabaixo), Antonio Bardelás (batería), Miguel Guerra (trompeta), Fran Pimentel (saxo tenor) e Xosé T. Pintos (saxo soprano).