O humorista e cantante Pablo Carbonell traerá este sábado, 3 de febreiro ás 21,00 h., o espectáculo “Phabladas y alguna cantada”, dentro do ciclo de monólogos CARBALLIÑO COMEDY3.
É a terceira actuación deste ciclo que continuará ata o mes de maio e que está tendo un éxito extraordinario.
Pablo Carbonell, actor, humorista, reporteiro, escritor, músico, cantante…, presentará nesta mini-xira por Galicia “Phabladas”, un espectáculo no que este polifacético artista sorprenderá como de costume, co seu particular sentido do humor.
A actuación será este sábado, 3 de febreiro, as 21,00 h., no auditorio municipal Manuel María.
Entradas á venda en:
Anticipada 10€: Restaurantes A Fuchela e Comonacasa, ou en www.woutick.es
Na taquilla, 13€, o día da actuación.