Este mércores día 21 de marzo, ás 11,00 h., no auditorio municipal Manuel María, será a segunda das proxeccións programadas dentro de CiNed: El verdugo. Estas proxeccións as leva a cabo o IES Chamoso Lamas, que participa neste programa internacional de cine coordinado en Galicia polo CGAI, e no que colabora a Área de Cultura do Concello do Carballiño. Neste caso o Cine club colabora co persoal técnico para as proxeccións. Estas son abertas a todo o público e gratuítas, aínda que van dirixidas a estudantes de 4º de ESO do Chamoso, que contan coa colaboración para o visionado e posterior traballo de catro profesores do centro e do cineasta Ángel Santos, que estará presente na proxección.
O IES CHAMOSO LAMAS E O CINE CLUB PROGRAMAN ESTE MÉRCORES 21 DE MARZO, EN COLABORACIÓN CO CONCELLO, A SEGUNDA PROXECCIÓN DO CICLO CINED COA PELÍCULA DE BERLANGA “EL VERDUGO”
