Co remate esta semana da substitución da canalización da rede de abastecemento nun tramo da estrada de Señorín, que é unha parte do proxecto, o próximo luns está previsto comezar o asfaltado en quente da rúa Alberto Vilanova, Aller Ulloa, Tellado e tramo da estrada de Treboedo e Carreira.
Estas obras, que se prolongarán durante tres días, esixen unha planificación moi minuciosa, xa que son as vías de acceso ao centro de saúde, á delegación de Facenda e ao Instituto nº 1.
Por este motivo, a policía local, conxuntamente coa empresa adxudicataria do proxecto, teñen elaborado un calendario concreto de actuación que vai permitir na medida do posible o acceso a estes lugares sen que se teñan que interrumpir as obras.
Así, o plan previsto supón establecer provisionalmente durante estes días unha dirección única, co que sempre se dará a posibilidade do paso vehículos, se ben non se poderá aparcar, ao tempo que se poderá seguir traballando no labor de fresado e asfaltado dos viais.
En todo caso, priorizarase o acceso aos centros, de modo que non se interrumpan os servizos que prestan. Neste sentido, establecerase un sistema de acceso de vehículos sanitarios e autocares escolares.
Desde o concello pídense disculpas aos veciños e usuarios polas molestias que van a supoñer estas obras, pero que son absolutamente necesarias para completar o proxecto de reforma dstes viais.
Este proxecto, que está contemplado no acordo presupuestario do 2018 entre o grupo do Partido Popular e o Grupo Municipal de Goberno, terá un custo de 115.681,26 euros, que correrá a cargo das arcas do concello.
Complementariamente a estas obras, tamén está previsto que comecen a próxima semana as reformas das rúas Cuba, Brasil, Uruguay, Venezuela e República Arxentina, que suporán un investimento global de 270.057,95 euros, e que tamén será financiado con fondos municipais.
Debido á importancia destas rúas transversais entre a Avenida Xullo R. Soto e a Avenida do Balneario, tanto para a circulación como para o aparcamento e persoas residentes, tamén se está planificando unha actuación por fases, de xeito que as obras no se executarán todas ao mesmo tempo, senón que se fará en rúas alternas, comezando probablemente pola rúa Cuba.