O conxunto escultórico de homenaxe ás pulpeiras e á feira do Carballiño foi instalado esta mañá na xardinciño central da Praza Maior. Sen embargo, o acto de homenaxe celebrarase dentro duns días, unha vez remate o entroido e se retire a carpa que se colocou para as actividades festividades destes días.
A escultura é obra da mestra canteira Laura Rodríguez Miranda, e a fundición realizouse no taller de Cuqui Piñeiro de Goián-Tomiño. Consta de varias pezas: unha polbeira de tamaño natural en bronce, sostendo nunha man un gancho cun pulpo cocido; unha caldeira de cobre, que leva na parte central o escudo do Carballiño, e unha táboa de ferro sobre a que vai un prato e unas tesoiras de bronce.
A escultora declarou que intentou reflexar unha imaxe o máis realista natural posible dunha pulpeira, nin moi maior nin moi nova –según dixo-, e con todos os elementos que caracterizan este oficio artesanal, verdadeiro emblemas das feiras e do Carballiño.
Ao respecto, o alcalde, Francisco Fumega, asegurou que se trata dunha débeda que tiña O Carballiño con este oficio tan representativo da nosa vila, e que ainda que podía ir en Arcos ou noutro lugar, elexiuse a Praza Maior porque é o lugar das celebracións máis importantes do pobo. O alcalde agradeceu o excelente traballo tanto da escultora como da fundición, e reiterou que se ía celebrar un acto sinxelo de homenaxe unha vez transcurrido o entroido.
Finalmente, Laura Rodríguez e Cuqui Piñeiro, tras manifestar a súa satisfacción polo resultado e a ubicación da escultura, destacaron que era ata agora o único monumento no mundo dedicado a unha polbeira, según recalcaron.
Foto: A escultora, Laura Rodríguez Miranda (esquerda), e Cuqui Piñeiro (dereita), xunto co alcalde fronte á escultura.