Pontevedra e O Carballiño serán as únicas localidades de Galicia nas que se poderá disfrutar do primeiro musical tributo á película COCO neste ano 2019, “Recuérdame”. En concreto, este espectáculo estará no auditorio municipal Manuel María o domingo 8 de decembro ás 17,00 h., e as entradas xa se poden adquirir de xeito anticipado na páxina web www.woutick.es ou no restaurante do Carballiño Comonacasa.
É un evento dirixido ao público familiar que, cunha duración de 70 minutos, contará coas voces en directo da Compañía de Teatro Musical de España. Da man da marca Pekebaila Mundo Mágico, trátase do primeiro tributo musical da película Coco en España, unha das películas máis entrañables dos últimos tempos.
Senopse
Miguel é un rapaz que soña con ser músico e chegar a alcanzar o seu soño de ser como o seu ídolo musical Ernesto de la Cruz, pero a familia de Miguel négase a que el sexa músico por un terrible incidente coa música no pasado da familia… Pero Miguel non desistirá ata lograr o seu soño.