O obradoiro sobre seguridade nas redes sociais “Ciberseguridade”, organizado polo concello en colaboración coa dirección Xeral de Xuventude, previsto para mañá ás 20,00 h., no salón de plenos do concello, aprázase para o venres 20 de xaneiro á mesma hora.
É un obradoiro da Dirección Xeral de Xuventude e o Centro Quérote +. Vai destinado a pais, nais, tutores e profesores/as.
A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Carballiño a través da Dirección Xeral de Xuventude e o Centro Quérote + aposta por este espazo no que nais e pais poidan expresar as súas inquedanzas, dúbidas e dificultades, no que poidamos aprender conxuntamente e que todos e todas poidamos reflexionar sobre a seguridade nas redes sociais.