O Orfeón do Carballiño viaxa este próximo sábado, 24 de novembro, a Salamanca, cidade na que ofrecerá un concerto no Centro Galego. A agrupación coral carballiñesa será a única de Galicia invitada para participar no colofón das Xornadas Culturais de Outono, que organiza esta entidade salmantina.
Dende O Orfeón quérese agradecer o convite, e expresar a satisfacción por representar ao Carballiño e a Galicia neste evento musical nunha capital cun gran patrimonio histórico e cultural, que lle valeu ser declarada Capital Europea da Cultura.
A coral carballiñesa ten previsto viaxar a primeira hora da mañá do sábado e regresar o domingo.