O concello do Carballiño ven de pechar a incorporación dunha nova entidade bancaria onde poder realizar o pagamento das taxas e tributos municipais. Así, dende agora, ás entidades ABANCA e Caixa Rural, súmase o BBVA, polo que os contribuíntes terán tres sucursais bancarias onde poder efectuar os pagos vencellados co concello do Carballiño.