O Concello do Carballiño leva dende novembro traballando a inserción sociolaboral de 100 persoas que participan do Programa Integrado de Emprego de Galicia “Carbaemprega 2018”.
Buscouse mellorar a empregabilidade dos demandantes de emprego a través de cursos que conseguiron, en moitos dos casos, incorporalos ao mercado laboral. Ata o momento, ademáis dos cursos de mellora da procura de emprego, realizáronse as formacións en Soldadura, Carretilla Elevadora, Manipulador de Alimentos, e actualmente se está realizando a formación en Prevención de Riscos Laborais.
Durante este mes comezará tamén o certificado de profesionalidade en Actividades Auxiliares de Almacén que permitirá a incorporación laboral de desempregados no sector loxístico.
O concelleiro de emprego, Manuel Dacal, resalta a importancia deste programa debido a que neste momento, están traballando 55 participantes en diferentes sectores e postos, na que destaca a colaboración de Talleres DIZMAR, neste e en anteriores programas, que incorporou 7 usuarios na súa plantilla. Dúas persoas máis foron incorporadas en GRI Towers. Non houberan realizado a súa reciclaxe profesional no sector do metal se non fóra pola eficacia dos cursos de soldadura impartidos por Eurofirms e Inneria Solutions.
Entre as persoas que están activas hai autónomos, que recibiron asesoramento no seu proxecto emprendedor, operarios industriais, camareiros, albaneis, administrativos, dependentes e incluso un investigador nunha universidade inglesa.
Vendo os resultados obtidos nesta edición, o concelleiro anuncia que se solicitou a subvención para poder realizar unha nova edición do programa.