O servizo de normalización lingüística do concello ten programada para este próximo sábado, 8 de setembro, ás 12,30 h., na sala infantil e xuvenil da Biblioteca unha sesión de contacontos teatralizada sobre as experiencias dos avós.
Esta actividade forma parte do programa Ler Conta Moito e vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos, que deberán ir acompañados por unha persoa adulta. Non é preciso apuntarse previamente.
A actividade é totalmente gratuita e será realizada pola compañía “Trinketrinke Teatro” co título de “Avós”.