• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

O XXXIII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ CELEBRARASE NA RESIDENCIA DO TEMPO LIBRE DO 3 AO 5 DE MAIO

3 abril, 2019

O XXXIII ENCONTRO GALEGO-PORTUGUÉS DE EDUCADORAS/ES POLA PAZ CELEBRARASE NA RESIDENCIA DO TEMPO LIBRE DO 3 AO 5 DE MAIO

Arredor de 150 profesoras/es, educadoras/es sociais e estudantes participarán no XXXIII encontro Galego-Portugués pola Paz, que se desenvolverá na Residencia do Tempo Libre do Carballiño, do 3 ao 5 de maio. Así o manifestou o profesor da Facultade de Ciencias da Educación do campus universitario de Ourense e integrante do colectivo Nova Escola Galega, Xosé Manuel Cid Fernández, durante o acto de presentación deste evento ao que tamén asistiu o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a profesora Alicia González Barreiro e a directora da Residencia do Tempo Libre, Pilar Sotelo.

Este encontro volve ao Carballiño tras trinta anos de terse celebrado na vila, e nesta edición o fai co lema “Reciclar, Reutilizar, Reducir, Repartir: Repensando a Non Violencia desde o Ecopacifismo”. Cid Fernández dixo ao respecto que traballar pola paz era facelo por un sistema máis xusto, no social, no educativo, no ecolóxico, e por eso no programa figuran temas e propostas que van neste sentido.

Francisco Fumega destacou a implicación do profesor Xosé Manuel Cid con moitas inciativas do Carballiño vencelladas coa educación e a cultura, como o Centro de Estudios Chamoso Lamas, e destacou o importante papel desenvolvido pola profesora carballiñesa Alicia González Barreiro e a directora da Residencia do Tempo Libre, Pilar Sotelo, para que este encontro se poidera celebrar no Carballiño.

A dinámica do encontro é horizontal e participativa, de modo que se impliquen todas as persoas matriculadas.

Como nas anteriores edicións, ao remate do encontro, o domingo 5 de maio ás 12,30 h., realizarase o Paseo e largada da pomba, que é a solta dunha pomba fabricada con poliexpán e atada a uns globos de helio, que se recollerá alí onde caia, sempre que sexa posible.

A organización ten fixado un prezo reducido de matrícula para estudantes, que tamén se fai extensivo para o profesorado do Carballiño.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos