A sala infantil da biblioteca municipal acollerá o mércores 30 de xaneiro un obradoiro de ilustración que será impartido por Mirari Urruzola do teatro Babaluva. Vai dirixido a nenos e nenas de 5 a 8 anos, e terá lugar pola tarde en horario de 18,00 a 19,00 h.
Esta actividade, que promove o Servizo de Normalización Lingüística do concello do Carballiño, será de balde pero coas prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse na área de Educación do Concello a partir do luns 21 de xaneiro en horario de mañá: 08,00 a 15,00 h. Tamén se pode realizar a inscrición na biblioteca os luns e mércores pola tarde.