Oito equipos disputarán o I Torneo GRI Fútbol Sala Femenimo Semana Santa, que se disputará o próximo martes, 27 de marzo, no pavillón municipal de deportes Paco Chao.
Trátase dos equipos U.D. Ourense, Amoeiro C.F., Leis Pontevedra, Balaídos CF A e B, Red Blue Vigo 2015, Cidade das Burgas e GRI Carballiño FSF, que é o equipo organizador do torneo.
Os encontros disputaranse en xornada de mañá e tarde, a partir das 10,00 h., e 16,00 h., na pista central e anexo do pavillón de deportes do Carballiño, estando prevista a entrega de trofeos e clausura sobre as 20,00 h.