ACTA DO CONCURSO DO GRAN DESFILE DO MARTES DE ENTROIDO, 13 DE FEBREIRO de 2018, ORGANIZADO POLA ÁREA DE CULTURA DO CONCELLO DO CARBALLIÑO
Sendo ás 19,35 horas do martes, 13 de febreiro de 2018, xuntáronse nas dependencias municipais do Concello do Carballiño os membros do xurado composto polo concelleiro de cultura como presidente, e un membro máis de cada grupo político con representación no Concello, un representante do CCA do Carballiño, un representante do movemento veciñal e outro do movemento cultural, co fin de proceder ó reconto de puntuacións e facer pública a decisión dos premios no Concurso de Comparsas do Gran Desfile do Martes de Entroido 2018, organizado polo Concello do Carballiño
Asistiron polo xurado:
Don Diego Fernández Nogueira, presidente e concelleiro de Cultura
Dona Mª Rita Soto Vázquez, concelleira PSOE
Dona Lidya Giselle Almonte Polanco, representación de PP
Dona Sofía García Hermida, representante do BNG
Don Manuel Nogueira Pérez, representante do grupo municipal AV-SON
Don Eulogio Alonso Rivera , membro da Federación AA. VV do Carballiño
Dona Noelia Mares Méndez , xerente da Asociación de Comerciantes do Carballiño
Dona Noelia García Carramal, representante do Casino Recreativo Cultural do Carballiño
Secretaria:
Dona Julia Rodríguez Fernández
O presidente do xurado informa de que hai dúas comparsas que non se presentaron no desfile, e que son Escola de Danza Catro Pasos Africanos e Cincenta, polo que quedan fóra do concurso.
Trala deliberación do xurado acordou conceder os seguintes premios ás comparsas que a continuación se mencionan:
1º PREMIO de 1.300 EUROS: Asoc. Cult. Arrieiriños de Dacón
2º PREMIO de 1.000 EUROS: O gran musical (Asoc. Cult. O Castro de San Amaro)
3º PREMIO de 800 EUROS: Azucarados de Maside (Asoc. Cult. De mulleres, consumidores e usuarios “Sta. Águeda de Maside”)
4º PREMIO de 400 EUROS: Os musicais do Freixo (Asoc. Veciños do Freixo)
5º PREMIO de 350 EUROS: O bosque máxico (Anpa da Uceira CEIP Calvo Sotelo)
6º PREMIO de 300 EUROS: A Lenda de Lumareda
– Accésits de 60 € cada un ás comparsas:
Os picapedra de ASPADISI
Wester Cea
ASDIFICA: Non máis lume!!
Asoc. Os 100tolos de Poio
Tribu Samburu de Partovia (AA. VV. de Partovia)
Os Mexicanos do Carballiño
Mar Entroido dos Nevadiños (AA. VV. Nieves de Grixoa)
Os Silleiros Hippies de Maside
– Premio Especial de 300 € de mellor comparsa que acadou maior puntuación:
Asoc. Cult. Arrieiriños de Dacón