A programación cultural desta Semana Santa comezará este sábado, 13 de abril, no auditorio municipal, onde terá lugar ás 18,00 h., a representación da obra infantil e familiar “Xan Perillán compra queixo, compra pan”, dos monicreques do Kukas.
Esta obra está recomendada especialmente para nenos e nenas de 3 a 12 anos, e enmárcase dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios, de Agadic. O prezo da entrada é de 3.50 euros.
Trátase dun espectáculo que mestura o clown e pantomima coa maxia e os monicreques compaxinando o ocio e o divertimento coa educación no consumo responsable e nos hábitos de vida saudables e respetuosos co medio ambiente a a ecoloxía.
Continuando coas súas andainas, nesta segunda entrega o amigo Xan Perillán vai mercar ó Híper mega súper mercado “O Rato Colorado”… Mais o trasno do cunsumo irresponsable persígueo da aquí para acolá… ¿Mercará ben ou se deixará engailoar polo consumismo, a publicidade enganosa e a comida lixo?
Cun pouco de maxia, moitas risa e a axuda do seu leal e sensato loriño Ravachol conseguirá facer unha compra responsable, sostible e ecolóxica, mercando só o necesario, reducindo, reutilizando, reciclando e reflexionando.