Os propietarios de case once mil vehículos deberán abonar o imposto municipal correspondente ao exercicio do 2018 a partir do 1 de febreiro. O prazo de pagamento en período voluntario finalizará o 2 de abril. Están exentos deste pagamento uns cincocentos coches de uso agrícola e de persoas con minusvalía.
O pasado ano a recadación deste imposto en período voluntario foi de algo máis de catrocentos trinta mil euros, case o 80% do total.
Aquelas persoas que teñan domiciliado os recibos terán un desconto do 3%.