A festa anual das familias de persoas con discapacidade intelectual, que se ven celebrando no parque municipal do Carballiño desde hai vinte anos, e que nesta ocasión chega á súa 23 edición, celebrarase este domingo, 7 de xullo, pero debido á previsión de mal tempo, esta xornada de convivencia trasládase ao Instituto nº 1.
A celebración foi presentada esta mañá nun acto no concello do Carballiño coa asistencia do alcalde, Francisco Fumega; a concelleira de Servizos Sociais, Guadalupe Sobrado; o presidente de Fademga e Special Olympics Galicia, Eladio Fernández; a presidenta de Aspadisi, Josefa Rodríguez, ademáis de tres mozos integrantes desta asociación.
Máis de 850 persoas, entre persoas con discapacidade intelectual, familias e voluntarios de toda Galicia e Asturias, asistirán a este evento que comezará ás 11,00 h., e rematará ás 19,00 h.
Nesta edición as medallas honoríficas serán para Marcelo de la Cruz, presidente da asociación de país e nais de persoas con discapacidade intelectual de Santiago, e para o exconselleiro de Política Social da Xunta, José Manuel Rey Varela.
Francisco Fumega amosou o seu orgullo por que O Carballiño acolla unha nova edición desta xornada de convivencia e a súa satisfacción por colaborar na infraestrutura desta celebración.
Eladio Fernández agradeceu esta colaboración así como a das demais institucións e sinalou que O Carballiño era un referente do movemento asociativo en Galicia, referíndose especialmente a Aspadisi.
Dixo que o obxectivo desta xornada de convivencia era visibilizar o mundo da discapacidade intelectual así como das necesidades para poder incrementar a presencia destas persoas na sociedade.
Ao respecto dixo que Fedemga traballa pola inclusión a todos os niveis, sobre todo no mundo laboral, e por eso precisou que seguirían loitando pola convocatoria de máis prazas nas administracións públicas, ainda que esperaban que tamén o fixeran as empresas privadas, e puxo como exemplo as ITV.
Tamén destacou a colaboración coa Xunta para aprobar a modificación da Lei de Servizos Sociais no referente aos contratos públicos.
Josefa Rodríguez agradeceu a Eladio Fernández e a Francisco Fumega a colaboración para que esta festa se siga celebrando no Carballiño, e destacou o traballo dos mozos e mozas de Aspadisi que elaboraron como agasallo para esta xornada un bloc cun imán.
Finalmente, interviñeron dous xoves de Aspadisi para desexar unha boa xornada de convivencia e poner en valor os traballos que realizaron.
Nesta edición estarán representadas un total de 21 asociacións das catro provincias galegas, así como unha de Asturias.