Este xoves terá lugar, ás 19,00 h., o primeiro pleno municipal despois do verán. Hai sete puntos na orde do día. Entre outros, a cesión dunha parcela municipal ao Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento; a aprobación definitiva da modificación puntual do plan parcial do Polígono Industrial da Uceira-nova definición de usos da zona comercial; a prórroga do contrato de prestación do servizo de axuda no fogar, e dous temas de interese económico referidos á conta xeral e ordenanzas fiscais.
Así mesmo, debatiranse diversas mocións presentadas polos grupos políticos.