Este sábado, 20 de Outubro de 2018, ás sete da tarde no Auditorio Manuel María, prosigue a XI Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón”. Nesta ocasión trátase dunha obra cómica titulada “O meu medo”, que presenta a compañía de As Pontes “O CATRE TEATRO”.
Texto: O Catre Teatro – Agustín Bolaños
Unha obra composta por unha serie de números cómicos, que xira ao redor das persoas e os seus medos.
Neste espectáculo O Catre Teatro amosa como vivimos co medo, esa parte de nós que máis ocultamos.
Unha traxicomedia visual e xestual, que sen desbotar o texto, se ofrece de espello cara ao público, mostrándolle que o medo está aí porque forma parte de nós.
ELENCO
Dolores Alonso
Majo Alonso
Carol Díguele
Raquel Fraga
José Lamigueiro
Rosa Marín
Marco Prieto
EQUIPO TÉCNICO
Dirección
Agustín Bolaños
Iluminación
Eva Matas
Duración: 64 minutos.
Comedia.