As obras do novo asfaltado a Mudelos atópanse moi avanzadas, según puido comprobar o alcalde, Francisco Fumega, e o concelleiro de Obras, Rogelio Otero, nunha visita realizada esta mesma mañá.
Trátase dun proxecto contemplado nos Plans Provinciais do 2018, que, malia a ter un presuposto de licitación de algo máis de 73.000 euros, foi adxudicado por 52.967 euros, dos cales 34.622 os aporta a Deputación Provincial e os 18.344 euros restantes os aporta o concello do Carballiño.
Esta obra, que mellora significativamente o acceso á Mudelos, ampliando as marxes da calzada, é unha primeira fase doutro proxecto de asfaltado entre esta parroquia e Paziños, que se realizará posteriormente.