A Sociedade de Pesca Deportiva Arenteiro conta xa cun novo criadeiro de troitas que lle permitirá incrementar significativamente a repoboación dos cotos de pesca con troitas autóctonasnas tempadas de pesca. Isto foi posible gracias ao convenio de colaboración subscrito entre o concello e a Deputación provincial, polo cal se acondicionou a vella canle de auga da Lavandeira, preto da fábrica de papel.
Non obstante, o último tramo da canle, o máis próximo á fábrica de papel, respetouse na súa configuración orixinal, de xeito que se integre no engranaxe exterior deste conxunto etnográfico industrial do século XIX, que rehabilita actualmente a escola-taller Carbosan.
O proxecto consistiu no desbroce dos arredores e na limpeza da canle, que se cubriu cunha especie de xaula metálica, de modo que se garanta a cría de troitas evitando que haxa espazos para que podan entrar as aves ou que se produzan roubos. Así mesmo, construiuse un paseo enlousado en pedra en todo o percorrido desta canle.