A brigada municipal de obras completou a restauración da rotonda da Alameda e Praza do Emigrante,
que resultara afectada por un tráiler tras un erro do conductor ao entrar ao
centro da vila pola mala indicación do GPS do vehículo. O accidente
produciuse no mes de novembro pasado, pero ante a tardanza e dificultade na
resolución da denuncia por parte da compañía aseguradora do tráiler, que
procedía dun país do Este, o concello optou por non retrasar máis a reparación
e levala a cabo esta semana pasada coa brigada municipal de obras.