• Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Ayuntamiento de O Carballiño
  • EspañolEspañol
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contacto
  • Informe de privacidad
Ayuntamiento de O Carballiño
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
    • Alcaldía
    • Bienestar Social, Igualdad, Sanidad, Educación y Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Ciudadana, Sugerencias y Reclamaciones, Juventud y Voluntariado
    • Deportes y Comercio
    • Economía, Hacienda, Presupuestos, Contratación Administrativa y Urbanismo
    • Industria, Empleo y Dinamización Turística
    • Medio Ambiente
    • Medio Rural y Servicios Públicos
    • Obras
    • Personal, Seguridad, Protección Civil, Movilidad y RRII
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
    • Licitaciones ALCALDIA en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones JGL en contrataciondelestado.es
    • Licitaciones Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
Home
Ayuntamiento

SEIS COMEDIAS PROTAGONIZAN A XII MOSTRA DE TEATRO AMADOR, QUE SE DESENVOLVERÁ DURANTE O MES DE OUTUBRO NO AUDITORIO MANUEL MARÍA

26 septiembre, 2019

SEIS COMEDIAS PROTAGONIZAN A XII MOSTRA DE TEATRO AMADOR, QUE SE DESENVOLVERÁ DURANTE O MES DE OUTUBRO NO AUDITORIO MANUEL MARÍA

Por duodécimo ano consecutivo, a Mostra de Teatro Amador “Terras de Orcellón 2019” traerá ao Carballiño do 5 ao 27 de outubro algunhas das mellores producións de teatro afeccionado de Galicia. Cinco compañías, ademáis de Tiruleque, que organiza a mostra, acudirán ao auditorio municipal Manuel María con cinco comedias, que foron as elexidas polo xurado dun total de vinte e sete propostas recibidas.

En concreto, o programa o abrirá Tiruleque coa obra “A Farsa de Maitre Pathelin”, que se representará o 5 e o 6 de outubro.
O 12 de outubro será a quenda de Sangue de Dragón (Narón) coa obra “Algo pasa con Paco”.
O 19 de outubro actuará Namarella (Verín) coa obra “W.C. (O baño)”.
O 20 de outubro tócalle a La Barata Producións (Santiago) coa obra “Solo de Triangulo”.
O 26 de outubro estará a Agrupación Teatral Mariñán (Betanzos) coa obra “Insania”.
E, como remate, actuará Porta Aberta (Vigo) coa obra “Estraños Hábitos”.

Todas as representacións serán no auditorio municipal Manuel María ás 20,30 h., e o prezo das entradas será de 3 euros, agás as dúas primeiras representaciòns, as do 5 e 6 de outubro de Tiruleque con “A Farsa de Maitre Pathelín”, que terán un prezo de 5 euros.

O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e os representantes de Tiruleque, Xosé Prada, Florindo González, Lidia Giselle Almonte e Mª del Carmen Fernández.

Diego Fernández destacou o labor que desenvolve a compañía de teatro Tiruleque e o esforzo que realiza para organizar esta mostra de teatro afeccionado que , tras doce anos de traxectoria, é xa un referente en Galicia. Por isto, animou á veciñanza a acudir ás representacións.

Xosé Prada explicou o proceso de selección das obras, que comezou en febreiro deste co envío de máis de duascentas cincuenta convocatorias a compañías e escolas de teatro de toda Galicia, e que, tras recibir vinte e sete propostas, seleccionáronse cinco obras de cinco compañías, ademáis da obra de Tiruleque. Ao respecto, dixo que se trata de comedias de boa calidade, e destacou, sobre todo, a nova produción de Tiruleque “A Farsa de Maitre Pathelín”, que abrirá o festival, e que se estrenou o pasado 22 de outubro en Lugo cun gran éxito.

Florindo González coincidiu con Xosé Prada na boa oferta da Mostra así como na estrea no Carballiño de A Farsa de Maitre Pathelín, que será a estrela do certame. Tamén se referiu á promoción do teatro entre o público infantil e xuvenil a través dos centros educativos.

Lidia Giselle Almonte anunciou o Premio á mellor obra da Mostra, que otorga Tiruleque, e que conleva acudir ao festival o próximo ano, e amosou o agradecemento da compañía teatral carballiñesa ás institucións (Concello e Deputación Provincial), Ies nº 1, Festa da Historia de Ribadavia e persoas que colaboraron tanto na montaxe da súa obra como na propia Mostra.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022 Ayuntamiento
30 abril, 2022

Teatro INFANTIL "Carabela" el 07/05/2022

Samaín del CIM Ayuntamiento
29 octubre, 2021

Samaín del CIM

Ayuntamiento

Escuela Municipal de Danza y Teatro

La Escuela Municipal de Danza y de Teatro de O Carballiño vuelve en el mes de noviembre El día 1 de...
  • Inicio
  • El Ayuntamiento
  • Sede Electrónica
  • Perfil del contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Tablón de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos