Seis bandas e diversos acto culturáis serán os principais atractivos do Festival “A Desfeita 2018”, que terá lugar este próximo sábado, 30 de xuño, no recinto das Barcias, no Parque Municipal.
Trátase dos grupos 80 Voltios, Raiba, Manifa, Liska!, Innoppiah e The Jazz Trío.
O festival, que está organizado pola Agrupación Cultural Galiza Enxebre, coa colaboración do concello do Carballiño, é totalmente gratuito.
Nesta edición, e como novedade por ser día de feira no Carballiño, haberá unha sesión de jazz á hora do vermú promovida pola Área de Cultura do concello. Este concerto, que se desenvolverá na Praza da Constitución ás 12,30 h., co título de “JAZZ SESSION FEIRA”, será ofrecido pola banda “The Jazz Trío”, formada por músicos de Pontevedra, Ourense e O Carballiño.
FESTIVAL
O festival comezará ás 21,00 h., e o grupo que abrirá serán os ourensáns 80Voltios, unha banda de rock and roll que fai versión de grandes temas do rock español e composicións propias.
Ás 22:·30 actúan Raiba, mítica banda de metal e rock de Santiago, que estarán presentando o seu último traballo “Marxinación”, directo potente e con forza.
Ás 00:00 estarán Manifa. Son de Euskadi, un dos grupos máis en auxe nos últimos anos dentro do seu estilo (Punk-Rock) en toda España. Nos seus directos non falta o humor, a enerxía, a reivindicación e a xenial posta en escena de toda a banda. Veñen presentando o seu disco “Cristales rotos” e é a única data confirmada neste momento en Galicia.
Á 1:30 Liska!, a xenial banda de ska de Vigo, ven inmersa na súa xira “República 2.0”. Despois de encher salas e festivais durante os últimos anos, estarán no Carballiño para descargar a súa festa reivindicativa, e poñer a bailar a todo o mundo.
Ás 3:00 Innoppiah. Dende Pontevedra chega o proxecto persoal dun só músico, está todo feito por él, todos os instrumentos e ata os deseños, con seis traballos ás súas costas. Ven ao Carballiño celebrando o seu décimo aniversario “10 años bajo el suelo” é mostraranos como unha soa persoa pode facer un directazo.
Ademáis disto haberá outras actividades como poesía, malabares, pasarrúas e banda de gaitas durante toda a tarde, no parque municipal e polo centro do pobo.