A sección infantil/xuvenil da Biblioteca Municipal celebrará o próximo mércores, 24 de outubro, o Día da Biblioteca cunha sesión de contacontos a cargo de Luis Vallecillo, na que haberá música, globos e grilandas.
Luis Vallecillo é un titiriteiro, músico e compositor madrileño afincado en Galicia que desenvolve dende o ano 2011 proxectos escénicos en galego destinados sobre todo ao público infantil.
Esta actividade, que se enmarca no programa Ler conta moito, e que coincide coa celebración do Día da Biblioteca, terá lugar ás 6 da tarde do 24 de outubro, e vai dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos, que deberán acudir con acompañante.
É unha actividade totalmente gratuita, non sendo preciso realizar ningunha inscrición previa.