Co título de “Lembranza”, a fotógrafa Sonia Vázquez expón este mes de xuño no concello unha selección de imaxes tomadas en diversos lugares de Bearíz. Trátase de vintecatro fotografías que amosan “o abandono dunha comarca potencialmente enriquecida”, según se recolle no folleto da mostra. Son imaxes do interior de vivendas, establecementos e outros aspectos da natureza destes lugares que quedaron a mercé do paso do tempo. A exposición pode visitarse de luns a venres, de 08,00 a 14,30 h.
SONIA VÁZQUEZ EXPÓN NO CONCELLO ESTE MES DE XUÑO VINTECATRO IMAXES PARA A LEMBRANZA DE DIVERSOS LUGARES DE BEARÍZ
