Ante a previsión do mal tempo para este venres, 5 de xaneiro, no que a chuvia será intensa e non deixará de caer en ningún momento do día nin da tarde, o concello tomou a decisión de suspender a Cabalgata de Reis e substituila por unha recepción dos Reis Magos no auditorio municipal, a partir das 6 da tarde.
Para tomar esta medida valorouse, en primeiro lugar, a seguridade das persoas que van nas carrozas, especialmente, os nenos e nenas, así como a de todos os demáis nenos que seguen a cabalgata polas rúas. E, en segundo lugar, para evitar o deslucimiento da comitiva real.
Polo tanto, os Reis Magos chegarán ao auditorio municipal ao redor das 6 da tarde. A esa hora haberá actuacións das escolas municipais e do dúo Canela Cafuné. E, a partir das 18,30 h., aproximadamente, os Reis Magos recibirán a todos os nenos e nenas que se acheguen ata o auditorio.