A obra teatral “Ballenas asesinas”, que se ía a representar este sábado, 7 de decembro, no auditorio municipal Manuel María, queda suspendida por problemas técnicos.
A compañía de María Casal, promotora da obra, emitiu un comunicado ao respecto: “La Cía de María Casal con su obra “Ballenas asesinas” cancela la actuación prevista para el día 7 de Diciembre en el Auditorio Municipal de O Carballiño por motivos técnicos insalvables”.
Desde a concellería de Cultura do concello do Carballiño pídense disculpas por esta cancelación, esperando que a obra poida representarse noutra ocasión.