Comunicado de MoitaMerda Promocións, compañía promotora do monólogo del Monaguillo:
MOI MALAS NOTICIAS!!!!!!, vémonos obrigados a cancelar as actuacións do Monaguillo que estaban previstas para O CARBALLIÑO e MOS, a causa do temporal que está a azoutar Galicia. O diñeiro das entradas, seravos devolto polo mesmo medio que as obtivestes. Pedimos mil desculpas, e ao mesmo tempo darvos as grazas pola estupenda resposta, pois estaban as dúas funcións cheas. Aínda non hai datas fixas para a súa próxima visita, pero en breve anunciarémosvolas. Reiteramos as desculpas pola suspensión por causas de forza maior. Mil grazas