A Escola de Danza do Carballiño promove durante o mes de xullo unha actividade lúdica chea de música e diversión, con zumba e ritmos latinos, que se desenvolverá de luns a xoves, de 20,45 h., a 21,45 h., na esplanada da Veracruz.
As sesións, que son totalmente gratuitas e ás que se convida a todas as persoas de calqueira idade, comezarán o próximo luns, 1 de xullo, segundo o seguinte programa:
RITMOS LATINOS: Luns e mércores, de 20,45 a 21,45 h.
ZUMBA: Martes e xoves, de 20,45 a 21,45 h.