Arranca a XII Mostra de Teatro Amador “Terras do Orcellón” coa obra que o grupo de teatro Tiruleque porá en escena este sábado, 5 de outubro, e repetirá o domingo 6 no Auditorio Manuel María do Carballiño, ás oito e media da tarde: A FARSA DE MAITRE PATHELIN.
Esta farsa tivo unha espléndida acollida do público, tanto no Auditorio Gustavo Freire de Lugo como na Sala Nautilius de Comesaña-Vigo, onde se multiplicaron as felicitacións e parabéns.
Tiruleque amósase cheo de satisfacción de poder presentar esta obra perante o público do Carballiño, sempre tan fiel aos traballos da compañía teatral carballiñesa.