Máis de medio centenar de persoas asistiron esta mañá na Casa da Cultura do Carballiño á charla impartida polo xefe provincial de Tráfico, David Llorente, e o capitán da Garda Civil de Tráfico, Rafael Rodríguez García, sobre prevención de accidentes, dentro da campaña autonómica de prevención de atropelos nas estradas.
Ao acto tamén asistiu o alcalde, Francisco Fumega, que agradeceu a inclusión do Carballiño nesta campaña, e pediu aos asistentes que respectasen sempre as normas de tráfico para evitar accidentes.
A charla ía dirixida sobre todo ás persoas maiores, e tanto a camiñantes como a conductores e conductoras, e consistiu na exposición das normas esenciais que deben terse en conta para evitar atropelos ou calquera outro tipo de accidentes, e para os que o colectivo dos maiores resulta moi vulnerable.
Ao final da charla, que se complementou con proxeccións audiovisuais, entregouse a cada persoa asistente un chaleco reflactante.