Ante a última previsión meteorolóxica, que anticipa unha mellora do tempo a partir das 5 da tarde, informamos que os Reis Magos efectuarán un recorrido, a partir das 17,30 h., polas principais rúas da vila nas súas carrozas máxicas.
Este recorrido da cabalgata comezará no barrio da Uceira e seguirá pola rúa Evaristo Vaamonde, Conde Vallellano, Aldara, Cesáreo Tizón, Ribeiro, Cruce de Ribadavia. Rúa do Paseo e Curros Enríquez, e finalizará no auditorio municipal, onde terá lugar a recepción dos Reis.
A chegada das carrozas ao auditorio está prevista para as 18,30 h, aproximadamente. Durante o recorrido, haberá música en directo do dúo Canela Cafuné, e repartiranse milleiros de golosinas aos nenos e nenas que presencien a caravana e se acheguen ao auditorio.
Así mesmo, haberá unha actuación especial da escola municipal de danzas.