O espectáculo musical “La Bella y la Bestia. La Leyenda” chega o próximo venres, 21 de decembro, ao auditorio municipal do Carballiño, e a día de hoxe van vendidas máis das tres cuartas partes do aforo.
Trátase dun tributo da compañía La Máscara Producciones, inspirado no conto orixinal de Gabrielle-Suzanne Bardot de Villeneuve, que está percorrendo as principais cidades e vilas españolas cun gran éxito de crítica e público.
As entradas poden adquirirse ao prezo de 12 euros no Aparthotel Arenteiro ou a través de internet na páxina giglon.com, e na taquilla do auditorio desde unha hora antes do comezo da función.
Este é o primeiro dos dous grandes espectáculos musicais familiares e infantís programados para este Nadal, no que tamén se inclúe a representación de “Superscalifragilístico O Musical. Tributo a Mery Poppins”, que estará no auditorio municipal o venres, 11 de xaneiro.