Unha gran carpa instalada no campo da festa de Cabanelas acollerá este domingo, 25 de novembro, a XXI Festa do Viño Novo. Neste intre estase procedendo a montaxe da mesma, así como das mesas e demáis elementos que darán cabida aos varios centos de persoas que se espera se acheguen ata Cabanelas para disfrutar dunha xornada de lecer nesta fermosa paraxe da montaña do Ribeiro.
Como todos os anos, haberá un servizo gratuito de microbús desde o concello ata Cabanelas e regreso, para facilitar o desprazamento sen que haxa que ir en vehículos particulares.
A degustación do viño novo e castañas asadas terá lugar as 12,00 h., e a partir das 14,00 h., servirase o xantar que inclúe pulpo á feira, carne ao caldeiro e chourizos novos con cachelos.
A festa estará animada pola charanga Castro Vello dende a mañá ata a tarde, cando remate o evento, previsto para as 20,00 h.