Este venres instalarase unha gran carpa na parte central da Praza Maior co obxectivo de que, en previsión de chuvia, podan desenvolver moitas das actividades programadas para este Entroido e Festa da Cachucha. Entre outras, un obradoiro infantil de máscaras e disfraces, e a festa-concurso infantil de disfraces, que se celebrarán o sábado; as coplas de Os Liborianos e unha exhibición da Escola Municipal de Danza, que terán lugar o domingo; os bailes de máscaras das orquestras Olympus, Aramio e Principal, que se celebrarán o luns, martes e domingo da cachucha, respectivamente; así como outras actividades, como o Enterro da Sardiña, o mércores.
Coa Ruta das Tapas e a Festa de Vaqueiros/as e Indios/as, comeza este venres 1 de marzo o programa festivo do entroido, que se desenvolverá ata o domingo 10 de marzo, e que contará con tres desfiles de comparsas, murgas e folións, que terán lugar o martes de entroido e o domingo de piñata.