A productora Zenit levará a cabo este próximo xoves, 26 de abril, no auditorio municipal do Carballiño un casting para figurantes nunha película de época, unha TV movie.
O casting, que vai dirixido a todo tipo de público, dende nenos e nenas, a mozos e mozas, adultos e maiores, levarase a cabo no horario de 10,00 a 19,00 h.
Todas as persoas interesadas poden inscribirse chamando aos teléfono 676582235, ou na dirección de mail: castingzenittv@gmail.com, ou acudir ao auditorio no horario indicado.