O XI Congreso do C.E. Chamoso Lamas xa está en marcha. Desenvolverase os días 28, 29 e 30 de setembro, e terá como lema “Mesturas ás beiras do Miño. O fluxo cultural entre Galicia e Portugal”.
O evento foi presentado onte polo alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o presidente e o secretario do centro de estudios, Xosé Luis Sobrado e Miguel García, respectivamente.
A novidade desta edición reside en que a xornada do 29 desenvolverase na Casa da Cultura de Melgaço e no Parque Nacional Peneda Gêres, mentres que os restantes terán lugar na sede do centro, na casa da Vexanca, Belvís-Cabanelas.
O congreso conta coa colaboración das Universidades de Vigo e Santiago, que validan créditos de 40 horas pola asistencia ao mesmo. Hai 90 prazas dispoñibles para o profesorado e alumnado que desexen matricularse.