O alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, recibiu hoxe no salón de plenos a un grupo de alumnos e alumnas do colexio Vila do Arenteiro, que visitaron o concello para coñecer a súa historia e funcionamento.
Francisco Fumega explicou cales eran os órganos de goberno municipal, así como o papel que representan os concelleiros e concelleiras e él mesmo como alcalde.
Durante unha hora o alcalde mantivo unha interesante conversa cos estudiantes repostando a todas as preguntas que lle plantexaron, e que versaron sobre os máis variados asuntos municipais e O Carballiño.