A sala de exposicións do auditorio municipal Manuel María acollerá, unha vez vez mais, do 1 ao 10 de setembro a XVII Exposición de Debuxo e Pintura do Taller de Mª del Carmen González.
Trátase dunha mostra de traballos realizados en diversas técnicas, como carboncillo, plumilla, acuarela, cera, acrílico, óleo, etc., coas que os 27 participantes, con idades a partir de 7 e 8 oitos anos en adiante, expresan as súas cualidades artísticas.
A mostra permanecerá aberta todos os días entre as 19,00 e as 22,00 h.