A Concellería de Medio Rural que coordina Rosario González organiza a II Xornada Micolóxica no Rural, que se celebrará o domingo 19 de novembro no local social de Partovia. É uha iniciativa dirixida ás parroquias, polo que as personas interesadas deben inscribirse previamente, xa que o aforo é limitado.
O programa é o seguinte: Polo mañá, de 10,00 a 13,00 h., realizarase unha recollida de cogomelos polo campo. E entre as 16,00 e as 19,00 h., terá lugar un obradoiro no que se efectuarán as actividades de identificación, conservación e preparación. A partir das 19,00 h., procederase á degustación dos cogomelos elaborados.
Esta xornada será impartida por Sergio Fernández, experto en micoloxía e integrante da asociación Os Cogordos, de Ourense.
Para máis información dirixirse á Área de Medio Rural do concello ou no teléfono 662 920 244.