Integrantes do colectivo O Potiños continúan estes días coa recollida de fotografías vellas do Carballiño e da Festa do Pulpo, co obxectivo de incrementar o arquivo da memoria gráfica do Carballiño e para unha próxima publicación.
A recollida efectúase os martes e xoves, de 11,00 a 13,00 h., na Oficina de Turismo da Alameda.