A II Quedada de Superdeportivos Vila do Carballiño, que concentrará mañá, sábado, setenta e seis coches de alta gama así como numerosos público nos arredores da Praza Maior, obriga a cortar o tráfico na rúa Aldara, entre a rúa Carreira e Cesáreo Tizón. Asemade, prohíbese o aparcamento nesta zona. Habilitarase unha ruta alternativa pola rúa Caridade e a Baixada a Flores, que se invirte o sentido, para que os vehículos poidan acceder á ruá Cesáreo Tizón.
Esta reordenación do tráfico estará operativa dende as 9 da mañá ata a noite, cando conclúa a concentración de coches.