A Coral Polifónica do Casino do Carballiño viaxa este domingo a Portugal para actuar no VII Concerto de Primavera de corais en Calvao-Aveiro. A entidade musical carballiñesa mantén intercambios coa Coral Santa Cecilia de Calvao dende hai máis de trinta anos. Nester certame tamén actuará a Coral da Santa casa da Misericordia de IIhavo.
A Coral do Casino, dirixida por Jaime González Pichel, interpretará un repertorio variado que inclúe cancións tradicionais como O cantar do arrieiro; populares como Compañeira, de Fuxan Os Ventos; o tango de Gardel El día que me quieras, ou un espiritual negro, entre outras.
Hai unhas semanas participou na grabación no auditorio municipal da cantiga Pulpeiriña do Arenteiro, con música de Xosé Luis Foxo e letra de Felipe Senén, que se incluirá nun CD que se editará próximamente