• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

A FESTA DAS PARROQUIAS CELEBRARÁ O VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO NO PARQUE MUNICIPAL CUNHA PROGRAMACIÓN ESPECIAL O DOMINGO 4 DE XUÑO

25 Maio, 2017

A FESTA DAS PARROQUIAS CELEBRARÁ O VIXÉSIMO QUINTO ANIVERSARIO NO PARQUE MUNICIPAL CUNHA PROGRAMACIÓN  ESPECIAL O DOMINGO 4 DE XUÑO

A Festa das Parroquias chega ao vixésimo quinto aniversario, e para celebralo, a concellería de Medio Rural en colaboración coa Federación de Asociacións de Veciños ten previsto desenvolver unha programación especial. Así, ainda que a festa terá lugar o domingo, 4 de xuño, no Parque Municipal, os actos comezarán o venres, 2, cunha conferencia do historiador e presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado, na Casa da Cultura, sobre a historia dos últimos vintecinco anos da festa.

Asemade, o programa do domingo amplíase con algunhas actividades especiais. Ás 11 haberá un pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Chimpafigos de Cabeza de Vaca, dende a Praza Maior ata o Parque; ás 13,00 h., será o tradicional concerto da Banda Escola de Música do Carballiño;  ás 14,00 h., o xantar, pero cunha novidade na sobremesa, e é que haberá unha sesión de regueifa con Benito Lobariñas e Suso de Sorne; ás 17,00 h., campionato de subastado e brisca, e xogos populares (zancos, aros, a ra, chave e petenca), que contarán con animación. Tamén haberá un obradoiro de cestería en vivo, impartido polo artesán Nemesio Osorio Ramos. E, finalmente, sesión de baile co grupo Maratón. Ao comezo da actuación musical procederase á entrega do ramo á asociación que organizará a festa do próximo ano.

O evento foi presentado este mediodía polo alcalde, Francisco Fumega; a concelleira de Medio Rural, Charo González, e os representantes da Federación de Asociacións de Veciños Aurora Gómez e Manuel Reboredo.

O alcalde comezou agradecendo o traballo desenvolvido nos vintecatro anos anteriores por outros alcaldes, concelleiros, directivos e veciños integrantes da Federación e das asociacións, aos que non nomeu concretamente, porque dixo que se esquecería dalgún e non queria que isto sucedese. Dixo quera era a festa do encontro do movemento veciñal e de todas as parroquias do Carballiño, e que por iso nesta efeméride do vixésimo quinto aniversario ía ter lugar no parque municipal. Finalmente agradeceu o traballo da concelleira e da Federación e Asociacións, así como a colaboración da Deputación.

Charo González presentou o programa e asegurou que para a próxima edición xa había varias asociacións candidatas para coller o ramo da 26ª Festa, e que isto era unha mostra do viva que estaba esta celebración e o movemento veciñal das parroquias do Carballiño.

Manuel Reboredo quixo lembrar aos tres artífices do inicio desta festa, citando concretamente a Eduardo Bernárdez, Manolo Dorrego e Ramón Piteira.

E Aurora Gómez fixo un chamamento para que a xente acuda á festa co obxectivo de lograr que vaia a máis.

Este sábado instalarase un posto na Praza Maior onde se promocionará a festa e se porán á venda invitacións para o xantar ao prezo de 18 euros os adultos, e 12 euros os nenos. As entradas tamén se poden adquirir nas asociacións de veciños.

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos